Monday 29 de April de 2024

O concello decide ampliar a pavimentación con adoquín de granito no carril central do tramo da Igrexa da rúa Galicia


O Concello de Riveira decidiu realizar un modificado sobre o proxecto inicial co fin de ampliar ao tramo da rúa Galicia situado entre a praza da Igrexa e a praza de Compostela a pavimentación con adoquín de granito do carril central.

A este respecto, cómpre recordar que, de acordo co proxecto ténico orixinal, a colocación deste tipo de material só estaba previsto para o tramo da rúa Galicia comprendido entre Rosalía de Castro e o mercado municipal. Pero visto o considerado deterioro da pavimentación na outra parte, decidiuse introducir este cambio (introducindo adoquín de granito, un material moi resistente) en lugar de reparar unicamente as lousas rotas ou danadas tal e como estaba pensado nun principio.

De feito, está previsto que operarios da empresa adxudicataria Sograni comecen a traballar o vindeiro luns no tramo situado entre a praza de Compostela e o bazar de Oujo, unha vez finalizada a actuación entre Rosalía de Castro e Cardenal Cisneros. O cambio de zona de actuación responde a que está parte atópase en peores condicións que o entorno do mercado.

Garaxes
No tocante ao acceso aos garaxes (e carga e descarga), aos situados na rúa Galicia e Churriana se pode entrar dende a praza da Igrexa, mentres que para ir ao de General Espartero habilitarase unha entrada dende o Malecón, pasando por Emilia Pardo Bazán.